viernes, 18 de mayo de 2007

Eleccións Municipais

Eleccións Municipais 2007

Logo de ler o programa de todos os partidos que ó día de hoxe están no concello, destacar que todos os programas en materia deportiva, existe un proxecto de cidade deportiva que inclúe a construción dun campo de herba artificial, tan necesario para o crecemento da nosa escola e para mellorar a aprendizaxe dos nosos nenos. Destacar no programa do Bloque a idea de transporte municipal para achegar ós nenos a adestrar.
Esperemos que non sexa só unha promesa electoral, e fágase realidade o noso soño de posuír unha boa instalación para gozar, ¿daranse conta os políticos que no noso humilde club hai 102 nenos ?, non podemos esperar máis de dous anos por esta instalación se queremos seguir crecendo.

Que as promesas electorais fáganse realidade.
Comenta, si queres, esta información

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Esperemos que fagan o campo
en menos de 1 ano, é moi necesario para a éscola de
fútbol.A nosa Vila merece
ter unhas instalacións coma as outras( explo:Allaríz).
A ver se dunha vez os politicos se unen e loitan todos nun frente común para
que Ribadavia e a súa comarca progresen, temos moitos recursos e hai que explotalos.

Anónimo dijo...

Sendin, cando temos o campo de herba artificial,,,espero resposta con data....fdo..O colombiano

Anónimo dijo...

O certo é que, por moitas promesas que se fagan,a realidade en Ribadavia é que se non existe un consenso explícito entre todas as forzas políticas para a construción deste novo proxecto, non será máis que papel mollado. Esta cidade deportiva é necesaria, pero non so para os rapaces, se non tamén para mellorar como vila. Este sería un gran paso, pero antes haberá que dar algúns máis pequenos. Oxalá se faga realidade o soño, e fala alguén moi cercano a realidade que se está a sufrir cas actuais instalacións.

Anónimo dijo...

colombiano menos mal que sei algo de ti, pensei que tiñamos que pagarche o rescate.
hoxe mismo falamos co aton, para que vexas que non perdemos o tempo, contamos que a tempada 2007/08, sexa a ultima que os rapaces xoguen en terra. e chama algo, e queremos saber a calidade do testil para os chandels do club.

Anónimo dijo...

Joder vos coa herba artificial , e eu sin poder xogar ao futbol internacional, pos seica bogota esta a mais de 2500 metros , e os magnates da FIFA van impedir un encontro entre o Millonarios FC e mailo Ribeiro FC. Enton teremolo que xogar ao nivel do mar, Cartagena de Indias, que e perla mais bonita do caribe. Tamen as veces san Cristobo esta ao nivel do mar, pois din os vellos que as augas chejaron ao taller do pedro. Total que espero estar contodos vos a finales de xullo,,,,e poder comprobar in situ como os socialistas cumplides as promesas electorales...que eu nesto da politica son un incredulo, pero si o di o Sendin e como dice baltar ...FEITO

Anónimo dijo...

PODÍAN FACER O CAMPO,PERO DEPASO TAMÉN PODÍAN POÑER UNHAS GRADIÑAS E UNS NOVOS VESTIARIOS (xa que os que hai ahora son do tenis).E SE O POÑEN,OXALÁ QUE TAMÉN POÑAN UNHA PISCINA CLIMATIZADA.¡A VER SE É VERDADE! ¡O RIBEIRO O MELLOR! Fdo.Sly,Bentley y Murray