miércoles, 14 de marzo de 2007

Selección de Ourense alevín

Semella polo menos curioso que haxa unha selección de Ourense onde interveñen xogadores de outra provincia. Se a iso lle engadimos que dos 12 xogadores escollidos pertencen a dous equipos, sen contar ao Calasancio, “de Lugo”, atopámonos cun panorama canto menos preocupante. Non é posible que de todolos equipos da provincia de primeira e segunda categoría non haxa ningún xogador capacitado para estar entre os 12 escollidos, e se a iso engadimos que houbo unha preselección de vintetantos xogadores e que, novamente, só estaban representados dous equipos de Ourense, mal asunto (creo que tamén había un de Allariz que o ano pasado estaba no Pabellón).

Non entendo moito como se fai a preselección e, sobre todo, quen a fai. Se ese suposto seleccionador vai ver como xogan os nenos nos seus diferentes equipos ou se pide información a outras persoas para que lle axuden a face-lo seu traballo. Supoño que cando alguén se fai responsable dun proxecto o menos que se lle pode pedir é implicación, traballo e honradez.

Despois de ver algúns partidos dos diferentes equipos da província cheguei á conclusión de que é posible que haxa outros xogadores con, polo menos, igual calidade que os seleccionados.

O Ribeiro leva toda a temporada sendo o terceiro na clasificación, o cal indicará algo. Pero non só o Ribeiro; o Antela está a facer tamén unha campaña moi boa e en ningún dos casos se comprobou se ademais dun bo EQUIPO tambén teñen individualidades.

Para acabar só quero dar un dato: O Ribeiro é de Ourense e, nestes momentos, é terceiro na liga; O Calasancio pertence á província de Lugo e na clasificación ocupa o 6º lugar.