
chegaron con moita ilusión a Salvaterra, e leváronse o trofeo sendo superiores a tódo-los
seus rivais.
Esperamos os teus comentarios sobre este feito histórico.
Escola de fútbol da comarca do Ribeiro
Semella polo menos curioso que haxa unha selección de Ourense onde interveñen xogadores de outra provincia. Se a iso lle engadimos que dos 12 xogadores escollidos pertencen a dous equipos, sen contar ao Calasancio, “de Lugo”, atopámonos cun panorama canto menos preocupante. Non é posible que de todolos equipos da provincia de primeira e segunda categoría non haxa ningún xogador capacitado para estar entre os 12 escollidos, e se a iso engadimos que houbo unha preselección de vintetantos xogadores e que, novamente, só estaban representados dous equipos de Ourense, mal asunto (creo que tamén había un de Allariz que o ano pasado estaba no Pabellón).
Non entendo moito como se fai a preselección e, sobre todo, quen a fai. Se ese suposto seleccionador vai ver como xogan os nenos nos seus diferentes equipos ou se pide información a outras persoas para que lle axuden a face-lo seu traballo. Supoño que cando alguén se fai responsable dun proxecto o menos que se lle pode pedir é implicación, traballo e honradez.
Despois de ver algúns partidos dos diferentes equipos da província cheguei á conclusión de que é posible que haxa outros xogadores con, polo menos, igual calidade que os seleccionados.
O Ribeiro leva toda a temporada sendo o terceiro na clasificación, o cal indicará algo. Pero non só o Ribeiro; o Antela está a facer tamén unha campaña moi boa e en ningún dos casos se comprobou se ademais dun bo EQUIPO tambén teñen individualidades.
Para acabar só quero dar un dato: O Ribeiro é de Ourense e, nestes momentos, é terceiro na liga; O Calasancio pertence á província de Lugo e na clasificación ocupa o 6º lugar.