viernes, 18 de mayo de 2007

Eleccións Municipais

Eleccións Municipais 2007

Logo de ler o programa de todos os partidos que ó día de hoxe están no concello, destacar que todos os programas en materia deportiva, existe un proxecto de cidade deportiva que inclúe a construción dun campo de herba artificial, tan necesario para o crecemento da nosa escola e para mellorar a aprendizaxe dos nosos nenos. Destacar no programa do Bloque a idea de transporte municipal para achegar ós nenos a adestrar.
Esperemos que non sexa só unha promesa electoral, e fágase realidade o noso soño de posuír unha boa instalación para gozar, ¿daranse conta os políticos que no noso humilde club hai 102 nenos ?, non podemos esperar máis de dous anos por esta instalación se queremos seguir crecendo.

Que as promesas electorais fáganse realidade.
Comenta, si queres, esta información